Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Chandrexa de Queixa / Terra de Trives (comarca)
Parroquia: Santa María Madalena de Requeixo
Lugar: Requeixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Casa tradicional construída no ano 1862, tal e como aparece recollida na inscrición na xamba dereita da porta de entrada.
Nesta vivenda viviu desterrado na Guerra Civil, durante uns meses, máis concretamente de xaneiro a abril de 1937, o galeguista D. Valentín Paz Andrade. Posteriormente, tamén acolleu durante un tempo a escola de rapaces de Requeixo.
A casa do Guinea era dunha familia de labradores de moito creto, e a de máis capital do lugar. É unha casa grande, de planta rectangular feita en cachotería de pedra con tellado de lousa, con cortes debaixo do sobrado. Ten a entrada e un balcón pola cara do poñente e, diante dela, a palleira. Na cara do nacente ten arrimada unha bodega, e ó lado da cara sur posúe un pequeno salido, onda ó que se conserva un bidueiro monumental, propiedade do devandito cura. Don Valentín vivía no cuarto da esquina esquerda da cara norte da casa, situado enriba da cociña. A súa fiestra dá para a rúa e para a casa do cura, que ten diante un pradairo centenario.

Despois da guerra, o cuarto de Paz Andrade foi reformado en escola.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
O desterro de Paz Andrade en Requeixo (Galicia Hoxe, 9 de xaneiro de 2012):
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/desterro-paz-andrade-requeixo/idEdicion-2012-01-09/idNoticia-722055/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2295421733
Lonxitude: -7.35765337944
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84