Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ordes
Parroquia: Ardemil (San Pedro)
Lugar: Leira da Torre, Moscoso do Medio.
Outra denominación do ben: Torre dos Moscoso
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Da antiga fortaleza dos Moscoso xa non queda nada, tan só as pegadas no terreo onde se ubicaba. Esta fortaleza emprazábase nunha penachaira, na marxe dereita do río Cabrón. Esta casa debeu ter varios sobrados que se foron derrubando, a medida que os Moscoso levantaban outra torre no lugar de Morgade, aló polo ano 1354. Lope Pérez de Moscoso obtería permiso do arcebispo Gómez Manrique para facer una “casa forte enno castro de Morgade”, na mesma freguesía de san Pedro de Ardemil. As condicións eran as habituais: recibir ó prelado “irato o pacato”, con moitos ou con poucos, face-la guerra ou a paz dende a fortaleza cando llelo esixira o arcebispo, e coa desusada: derruba-la casa de Moscoso ata o primeiro sobrado cando a de Morgade tivese o segundo. Esto supuxo a desaparición da do Moscoso.
Na actualidade, só se conserva o solar coas pegadas visibles e a lembranza da torre, sinalada pola microtoponimia, Lugar de Moscoso e Leira da Torre. Nesta leira da torre era onde estaba a ubicación da fortaleza, ocupando a parte alta do reborde dunha suave ladeira, a 403 metros de altura sobre o nivel do mar e exercendo un amplo dominio visual da contorna. A mota visible está moi achandada e foi repetidamente roturada. Esta ten unhas medidas que corresponden coa maioría, duns 40 metros de diámetro e cunha superfie duns 1150 metros cadrados. Esta pequena elevación está no medio doutra elevación do terreo que conta cunhas medidas de 105 metros de Oeste-Leste por 102 metros de Norte a sur, defendido por un pequeno terraplén dun metro a metro e medio na súa parte máis alta. Pola cara oeste hai un manancial de auga, agora cuberta de silveiras. No seu perímetro valado aínda se poden ver gran cantidade de pedras soltas e algunha que outra cantería labrada que apareceron ó arar. Os veciños tamén comentaron que apareceran restos da cimentación duns muros de máis dun metro de espesor que pertencían á antiga torre. Hoxe, alí conviven un burro cunhas cantas ovellas propiedade dos actuais donos do terreo.
Sinalar que a freguesía de San Pedro de Ardemil era unha máis das que integraban a terra de Montaoas e foi entregada en “terraria” polo arcebispo Lope de Mendoza no ano 1438 a don Afonso de Mendoza; antes estivo en mans de García Díaz de Mesía e da súa filla dona Constanza de Mesía. No ano 1478, Lope Sánchez de Moscoso renuncia a esta freguesía que tiña embargada, en favor de Luís de Acevedo, para que a tivese coa casa e terra de Mesía, como a tivo anteriormente Lope Pérez de Mendoza.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15059006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-VALDÉS BLANCO-RAJOY, M.R: “Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos”. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Santiago de Compostela.
– REY CASTIÑEIRA, J.: “Estudio y catalogación de castros de la provincia de La Coruña”. Gallaecia 7/8 (1984).
– GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, A.: “La s fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños”. TOMO II. Fundación Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa, 1984.
http://concello.ordes.gal/nova/35/consulta-do-pxom
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1390755348Lonxitude: -8.39151442095
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xose Troiano says:
Feb 6, 2017
http://historiadegalicia.gal/2017/01/ovellas-e-burros-os-unicos-habitantes-da-fortaleza-que-naceu-ao-pe-cabron/