Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Vigo (San Vicente)
Lugar: A Abrigosa, Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado cos paramentos recadrados. Nun dos chafráns hai unha inscrición que pon: “1987”. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado e con paramentos recadrados. Ten un capitel cuadrangular, con astrágalo cuadrangular e liso. Ten o ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ademais, ten volutas e follas de figueira. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con chafrán. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas, pé dereito sobre o esquerdo e o xeonllo dereito moi flexionado. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo no seus brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado moi bo de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

ENLACES WEB
http://www.carral.es/wp-content/uploads/2016/04/Cl-CR1.pdf (pax. 6)

http://www.carral.es/wp-content/uploads/2015/06/cruceiros-carral.pdf (pax. 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2487089055
Lonxitude: -8.30768354226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84