Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Vigo (San Vicente)
Lugar: A Abrigosa, Igrexario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa rural de orixe románica, dunha soa nave rectangular con presbiterio destacado e capela pegada ó muro norte. Reconstruída no século XVIII, conserva do románico o arco triunfal do século XII, do mesmo xeito coas columnas, o capitel, a epístola e o evanxeo. O corpo da igrexa, os muros da ábsida son de data posterior. As cubertas están a dúas augas agás a sancristía; pegada á capela e ó presbiterio, que está a unha auga con tella curva do país.
A fachada de traza sinxela, está construída a base de cachotería con perpiaño nos esquinais ata, máis ou menos, a metade da fachada, para logo ser de perpiaño o resto da fachada, diferenciándose ben o que quedou da construción antiga da de nova construción. A fachada segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal en arco de medio punto. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada. Rompendo o vértice do pentágono a base da espadana flanqueada por dous pináculos moldurados. Rematando o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado nun pináculo moldurado cunha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003311
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.

ENLACES WEB
http://www.carral.es/wp-content/uploads/2016/04/Cl-AR1.pdf
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.248852501
Lonxitude: -8.30763794487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84