Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Vigo (San Vicente)
Lugar: A Abrigosa, Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular con voo. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O varal está roto por dous sitios. Ten un capitel cuadrangular moldurado cun cuarto bocel. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e con remates florenzados con botón central. A cruz tamén está partida en dous. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Este cruceiro era o cruceiro orixinal que estaba no adro da igrexa de San Vicente. Foi trasladado ó interior do cemiterio e substituído por outro máis novo doado pola familia Del Moral.
Ademais este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.carral.es/wp-content/uploads/2015/06/cruceiros-carral.pdf (pax. 10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2484988838
Lonxitude: -8.30792762345
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84