
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Corcubión
Parroquia: Redonda (San Pedro)
Lugar: Redonda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Poboado castrexo da Idade do Ferro situado moi preto da costa, no monte do Castro, a unha altura duns 90 metros sobre o nivel do mar, preto da aldea de Redonda.
Posúe dúas murallas e dentro da croa parece ter unha atalaia, dado que o castro está agochado pola inmensa masa arbórea ademais dunha extensa vexetación que fai que sexa impenetrable para poder medilo. Por desgraza, cando mellor se puido apreciar e cando se queimou o monte.
Non hai constancia de que fora escavado e tampouco hai ningunha información de traballo algún sobre el, tan só que está catalogado.
Dende a súa croa hai unhas vistas excelentes da entrada da ría de Corcubión ó nordés e polo noroeste das enseadas de Sardiñeiro e a Langosteira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15028002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Atlas arqueolóxico de Galicia. Comarca de Fisterra”. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 2009.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase en serio risco pola abundancia de árbores como piñeiros, carballos ou eucaliptos, xa que as raíces das mesmas esténdense por todas partes e fan un dano irreparable. Ademais, debido a abundancia de mato baixo como silveiras, toxos ou fentos, non se pode chegar a el con facilidade, sendo case impenetrábel.
Onde está localizado
Latitude: 42.921549147806374Lonxitude: -9.206585884094238
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
David Álvarez says:
Ago 25, 2020
A localización non é correcta. A localización máis aproximada sería:
Latitude: 42.920200
Lonxitude: -9.206163
No visor de mapas da Xunta, no mapa vectorial 2016 está perfectamente localizado, pero mal etiquetado xa que ten o nome de “castro de Quenxe” (e o de Quenxe ten o nome de Redonda).
Cortaron as árbores da contorna e plantaron eucaliptos que aínda están moi pequenos, polo que se pode ver perfectamente o castro e percorrer o seu perímetro, pero non se pode entrar porque a vexetación, máis aló das murallas, é moi mesta.