Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Vigo
Parroquia: Bouzas
Lugar: Bouzas - Rúa das Ánimas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O conxunto está formado por dous petos separados entre si por unha maquina expendedora. Ambas fornelas conservan o enmarque exterior, formado por un arco de medio punto coroado cunha cruz pintada, posuíndo na parte baixa unha repisa. Nos ocos faltan as imaxes, que foron substituídas por baldosas decoradas nas que se representa á Virxe do Carme, nunha, e na outra ao Perpetuo Socorro. Ámbalas dúas teñen entre as mans escapularios cos que recollen as ánimas que na parte inferior aparecen entre lapas.

Carecen de esmoleiro. Aínda que está descontextualizado, encóntranse numerosos obxectos de devoción.

O peto atópase na encrucillada da rúa das Ánimas coa avenida de Beiramar, na parede dunha edificación. En 2008, o lenzo no que se sitúan os petos foi pintado cun mural no que se representaba unha paisaxe, dentro dun proxecto de humanización da zona. Porén, a principios de 2009, no sitio que ocupaba o debuxo central dunha árbore, entre os dous petos, foi colocada unha máquina expendedora.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio; ABAD GALLEGO, Juan Carlos: “Cruceiros,cruces e petos de ánimas no concello de Vigo”.

Ficha na web “Patrimonio Cultural de Vigo”: http://xosecounhago.com/?p=43


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2249502274
Lonxitude: -8.74089002609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84