Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol (comarca) / Valdoviño
Parroquia: Pantín (Santiago)
Lugar: A Lagoa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

É un castro de ladeira. Foi destruído nos anos 80 para facer prados e vivendas. Só quedan escalonamentos e terrazas no terreo. Non se sabe a forma orixinal do castro nin as súas dimensións pero pUidera ser de forma ovalada. Mediría de leste-oeste uns 175 metros, e de norte-sur 75 metros.
A entrada sería polo surleste, e os muros terían unha altura de 4 ou 5 metros, formados por pedras e terra colocadas a modo de estruturas verticais ben definidas. Había muros de pedra e nos traballos agrícolas apareceron pedras de muíño e restos de cacharros de cerámica.

O castro está fronte ao Castro do Rodo (http://patrimoniogalego.net/index.php/92388/2017/01/castro-do-rodo/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: RI.000015020
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LIGAZÓNS WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALDOVINO/documents/0384CA001.PDF (Pax 3)

http://castros.artabro.es/node53.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.6315554289
Lonxitude: -8.1192830506
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84