Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Teo
Parroquia: Cacheiras (San Simón de Ons)
Lugar: Requián
Outra denominación do ben: Laxe das pegadas do santo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado ó oeste da aldea de Requián, seguindo a canle do Rego das Laxes, no linde entre as parroquias de Cacheiras e Recesende, atópase esta curiosa pena duns 4 metros de longo e 2,50 de ancho.

A rocha elévase sobre a súa contorna máis inmediato e presenta dous rebaixes en forma de pé (posibles podomorfos) situados na zona central na superficie máis elevada da laxe. As “pegadas” insculturadas en baixo relevo non parecen ser produto da natureza senón dun feito antrópico. Unha delas é un pouco maior cá outra, unha mide uns 21 x 8 cm. e a outra uns 16 x 7 cm., e teñen uns 3 cm. de profundidade. Semellan dous pés, un pé esquerdo orientado ó NW e un pé dereito orientado ó N, que non presentan as dixitalizacións das dedas.

San Simón de Ons, santo titular da parroquia e que dá nome a laxe e preside o retablo da igrexa, nada ten que ver co San Simón do santoral católico. Como recolle o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas memorias no ano 1607, “Este San Simón no es el apostol sino un confesor, cuya fiesta se celebra a veinte y nueve de Julio […], está en el altar mayor como abad, con hábito blanco y negro, como fraile dominico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A paraxe é coñecida polos veciños máis vellos do lugar dende tempos inmemoriais que a relacionan con toda unha serie de lendas e rituais. Segundo contan, as pegadas gravadas pertencen unha a San Xoán e outra a San Simón, que chegaron xuntos ó lugar e alí separáronse, dirixindose cada un a parroquia da que sería titular, quedando un pé de cada un gravado na rocha.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8189507331
Lonxitude: -8.56534513861
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84