Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Silleda
Parroquia: Fiestras (San Martiño)
Lugar: Fiestras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A orixe desta igrexa non está moi clara, xa que nos seus muros aparecen elementos que poderían ser anteriores a época románica, incluso visigótica. Este feito non sería extraño se nos fixamos nos topónimos antigos da zona como Aragonza ou Recimil.

O conxunto parroquial posúe unha entrada cunha grande escaleira de dobre rampla, inspirada no barroco compostelán, cun cruceiro diante.

A igrexa, de cantaría, posúe planta lonxitudinal e cuberta a dúas augas. A fachada é de gran sinxeleza, rematada por unha espadaña de dous vans. O máis destacado da mesma é a ábsida, cuadrangular, adornada con canzorriños e metopas. No interior atópase un arcosolio cunha estatua que quizais poida ser o sartego dun abade da parroquia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.675535854792535
Lonxitude: -8.27647089958191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84