Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Cornanda (Santa María)
Lugar: Devesa de Nimo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Restos dunha antiga capela que puidera ser construída cos restos dun antigo mosteiro que xunto co desaparecido de Corenza estaba dentro da Devesa de Nimo e nas encaixadas e abruptas ribeiras do Tambre ao seu paso polo lugar de encontro cos límites dos Concellos de Noia, Negreira, Brión e Outes. O que hoxe se pode apreciar son as ruínas dun pequeno edifico rectangular do cal só quedan as partes inferiores dos muros, feitos a base de perpiaño, cachotería e algunhas pezas labradas reutilizadas doutra construción. Este recinto correspondería coa capela e acaroado a este hai restos doutra edificación.
Vense entre os perpiaños esparexidos polo chan pezas de linteis e doelas de arcos. Na contorna das ruínas hai espazos aterrazados e unha fonte.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai referencia dunha ruta que non sería moi desarcertado que pasara por esa zona, cruzando o Tambre pola antiga ponte preto do eremitorio. Andrés Suárez no seu libro sobre a Luaña dinos : “Outra vía importante coa ría de Noia era a que abeiraba o río Tambre pola ribeira esquerda e que na actualidade está recuberto por unha inmensa fraga”.
Un veciño de Ponte Nafonso contounos que fai moito tempo había un cementerio ao lado da capela, onde se enterraban os veciños de Insua (do outro lado do río, no concello de Outes) ata que un día caeu a ponte ao paso da comitiva fúnebre. Caeron o río con cadaleito e todo e seica houbo mortos. Dende aquela non volveron a usar ese lugar.
Este antigo eremitorio podería estar dentro das posesións do Mosteiro de Corenza, e a capela refeita ser posterior. A decadencia do Mosterio de Corenza veu cando Fernando II e dona Urraca fan doazón de todas as terras e dereitos de aproveitamento econónico das terras das ribeiras do Tambre dende os Lugares de Lueiro (Negreira) ata Mirou (Noia) ao Mosteiro de Toxosoutos no ano 1167.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fiaño, Pedro. O Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.1993.
Concello de Lousame. Graficas Sementeira. Noia.
ISBN:84-606-1176-0
Suárez, Andrés. Luaña: mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega. 1979
Ed. Galaxia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8487463511
Lonxitude: -8.82969260216
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84