Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Silleda
Parroquia: Taboada (Santiago)
Lugar: Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A Igrexa de Santiago de Taboada é unha obra románica do século XIII. Posúe planta rectangular, con canzorros e unha gárgola, e remátase nunha espadana con dous vans. Na súa portada principal, de dobre arquivolta, presenta un conxunto formado por catro columnas con capiteis vexetais e animais, amosando no tímpano unha escena na que se representa a loita de Sansón contra o león. En canto á ábsida, tamén conta cunha interesante ventá románica.

No contorno do templo pódense apreciar elementos de notable interese como o cruceiro, o sarcófago antropoide, a escultura do Apóstolo Santiago ou o monumento ao peregrino descoñecido, situado na área de lecer próxima.

Esta igrexa románica atópase no Camiño do Sueste a Compostela ou Vía da Prata, a pouco máis dun quilómetro da Ponte Taboada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior chama á atención o retablo barroco, do século XVIII, de Santiago a cabalo con figuras policromadas vestidas con uniformes, todo enmarcado por dous arcos triunfais, con columnas, basas e capiteis tardorrománicos.


Tradición oral:

Segundo a lenda, os peregrinos que pasen por aquí deben golpear ca testa a porta da igrexa.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.68681450542043
Lonxitude: -8.217861950397491
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84