Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Argalo (Santa María)
Lugar: Beiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No medio do lugar de Beiro, na parroquia de Sta. María de Argalo, nun cruce de tres camiños que forma
unha pequena praza, empotrado nunha fornela na parede da casa que está fronte ao cruceiro, está un dos
máis fermosos petos de ánimas da bisbarra, é o peto de ánimas de Beiro.
Ten unha altura de 96 cms. e unha anchura de 67 cms e está feito en pedra de granito. Na parte inferior está o peto para os cartos, tamén de pedra, a súa planta é rectangular e como única decoración presenta un bisel nos laterais e na aba superior, no que está unha parte da inscripción.

Na parte superior aparece unha especie de retablo que remata de forma apuntada no centro e no seu interior aparece un relevo coa representación do purgatorio: no centro sobrancean as figuras de dous frades, San Antón e San Francisco segundo Estanislao Fernández, que axudados polos seus cordóns intentan sacar as ánimas do purgatorio, representadas polas cabezas de tres personaxes que están entre as lapas do lume; enriba do conxunto hai unha roseta.
A súa epigrafía é moi dificil de ler xa que as letras están moi desgastadas, unha parte hai que lela de dereita a esquerda e ademáis foi repintada varias veces. Na pedra do peto aínda podemos ler a data da obra “ano de 1761”.
Entre as figuras dos frades aparecen unha letras enigmáticas que poderían facer referencia aos oferentes e rodeando a fornela unha inscripción de difícil lectura na que se lle pide axuda aos camiñantes para que as ánimas do purgatorio deixen de sufrir.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Os Petos de ánimas do concello de Noia”, Xepe Torres e Rosa Martínez. Artigo no número 3 da revista Alameda,do Liceo de Noia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7708744503
Lonxitude: -8.90365183353
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84