
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Vizoño (San Pedro)
Lugar: A Fraga, Igrexario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e unha sancristía apegada no lateral setentrional. O espazo pertencente ó presbiterio vese delimitado por un arco triunfal realizado en cachotería. A cuberta é a dúas augas na nave, mentres ca ábsida; máis elevada e estreita, presenta catro augas; todas elas con cubrición de tella curva do país. Aos pés da nave sitúase un coro alto con balaustrada de madeira.
O conxunto da construción fíxose a base de cachotería agás os vans da porta, xanelas e espadana, amosando pedra á vista, tanto no interior como no exterior.
Interiormente, a ornamentación do templo é de gran sinxeleza, podéndose destaca-lo retablo do altar maior, que mostra unha policromía moi semellante á dos restantes retablos das igrexas da zona.
En canto ó exterior, a decoración é practicamente inexistente, imperando a sobriedade das formas. A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso, rectangular e alintelada. No lintel ollamos unha inscrición que pon: “año D 1861”. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono, flanqueado por dous pináculos piramidais, a base dunha espadana de dous corpos; o primeiro composto por dous machóns que dan lugar a un oco rematado en arco de medio punto e que serve para aloxa-la campá. O segundo corpo está composto por un corpo triangular, cun pequeno oco central e flanqueado por pináculos rematados en bóla, aínda que, o da dereita está roto. O conxunto da espadana está rematado por unha cruz octogonal de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruna, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca007.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1699014495Lonxitude: -8.31456620247
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84