Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Tarás (San Xián)
Lugar: Sino, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Segundo Xoán Mariño, esta igrexa debe ser moi antiga a xulgar polos machóns que sosteñen o lintel da porta principal. No século XVIII rexístrase unha remodelación nos libros parroquiais de Santa María de Entíns que di:
“mando también que la iglesia parroquial de Sn. Julián de Tarás se repare, caleándola y poniéndola decente, que se haga una tarima y frontal para el Altar mayor y se hagan puertas nuevas”.
Ten nave única con presbiterio rectangular máis estreito e unha sancristía e outro espazo engadidos polo lado norte. Posúe dúas portas, unha pola cara oeste e outra polo sur. No ángulo noroeste ten unhas escaleiras que dan á tribuna, feitos ámbolos dous elementos de madeira. Ten un campanario a escasos metros da porta principal con espadana para unha campá. Os muros, de cachote, están revocados de cal. Os marcos das portas e das catro ventás son de cadeirado. A fachada oeste, onde se atopa a porta principal, é case completamente lisa e conta como decoración con dúas bólas e unha forma de piña nos machóns dereito e esquerdo da porta. Remata a fachada en ángulo e no vértice ten unha cruz e nas esquinas das augas do tellado pináculos. No seu interior só leva forma abovedada a cabeceira e o espazo engadido polo norte e ten un ceo raso de madeira que tapa o tellado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARIÑO, Xoán: “Patrimonio-Histórico Artístico de Outes”, Volume II. Tórculo Edicións, Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
Ficha no pxom de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/http:/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA015.pdf
(paxina 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8339292219Lonxitude: -8.89348089695
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84