Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo
Parroquia: Lugo
Lugar: Lugo - Praza da Soidade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa, declarada Monumento Histórico Artístico dende o ano 1931, está feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta de cruz latina dunha soa nave composta por cinco tramos divididos por catro arcos apuntados. A cuberta é de lousa a dúas e catro augas.
A construción do conxunto comezou no século XIII, aínda que co paso dos século sufriu diferentes reformas. No século XVII sufriu graves danos por causa dun incendio a mans do exército napoleónico.
Na súa fachada principal podemos ver unha fermosa porta de acceso oxival de tripla arquivolta e dobre columna, e un gran ventanal aximezado.
O interior destacan varios elementos:
* As capelas absidais con ventanais ajimezados que conteñen os sepulcros de Pedro de Trastámara -conde de Lemos e Sarria-, Pedro F. Bolaño e Rodrigo Alonso de Saavedra.
* O artesonado de madeira plana e a dúas augas que cobre a nave.
* O coro situado aos pés da igrexa, do século XIII.
Apegados aos muros laterais podemos ver a capela da Orde Terceira, unha torre barroca, un claustro de tradición románica do século XIII, e a cociña e o refectorio do antigo convento franciscano que hoxe alberga o Museo Provincial.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000045365
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://www.lugoaccesible.net/index.php/es/iglesias/25-iglesia-de-san-pedro

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/lugo/sanpedro-2/

http://www.turismo.gal/recurso?cod_rec=3099&ctre=31

https://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_San_Pedro_(Lugo)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0114639258
Lonxitude: -7.55860179663
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84