Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Outes
Parroquia: Tarás (San Xián)
Lugar: Barreira, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O peto ten forma de fachada con arco de medio punto e un remate en frontón triangular. Na parte superior posúe unha pequena cruz. A fornela, abovedada de pedra, ten a seguinte inscrición:
“ESTA OBRA HIZO SE A DEVOCION DE SALVADOR LESTON Y DE SU MUJER MANUELA ROMERO”. En dita fornela hai unha ara de pedra con molduras a modo de cornixa voada. Ten un baquetón central de perfil curvo en resalte sobre o que figura a inscrición AÑO 1802. Na parte inferior central hai un relevo que representa tres figuras rodeadas de chamas. Posúe un petitorio de ferro con pechadura no lado dereito.

Cando Xoán Mariño o catalogou no seu libro de “Patrimonio histórico-artístico de Outes”, aínda non lle pintaran o cadro dun cristo dentro da fornela, protexido cun metacrilato transparente, e as ánimas non estaban pintadas con cores.
Está na beira do camiño que baixa dende Tarás e vai a Entíns.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARIÑO, Xoán: “Patrimonio-Histórico Artístico de Outes”, Volume I. Tórculo Edicións, Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA026.pdf
(pax 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8329260758
Lonxitude: -8.89603972435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84