Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Guede
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Aira lousada en parte, sendo outro anaco en laxe natural, que ocupa uns 200 m2 aproximadamente, que se atopa no centro da aldea de Guede
Feita con lousas de granito colocadas sobre o terreo a continuación da peneda, que está na zona máis elevada. Este lousado non ocupa toda a superficie da aira.
Este tipo de aira e a máis duradeira e valiosa, con estas lousas de granito máis a zona da peneda, fan que sexa a máis idónea para que non se escape o gran do cereal.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais, era onde se facían as medas cos mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí separábase o gran da palla, antigamente facíase manualmente con mallos e na época máis moderna xa se facía coas malladoras.
A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns aos outros.
Para que non se estragaran os gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas pedras perfectamente lisas e sen case oco nas xuntas.
Ó estar estratexicamente situada nunha zona elevada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivera lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Baños de Molgas, a práctica totalidade das airas son en terreo comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.245317
Lonxitude: -7.724742
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84