Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas (comarca) / Caldas de Reis
Parroquia: Arcos da Condesa
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben: Cruceiro da Fontiña
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Estamos ante o terceiro emprazamento deste cruceiro. O sitio primixenio estaba ao carón do portal da casa dos Fontiñas, onde tamén existía unha antiga presa de auga. Nos anos 60 foi arranxado o vello camiño da aldea poñendo pedra con morteiro no camiño e o cruceiro foi trasladado enriba da fonte e con el tamén a presa. Nos derradeiros anos, ao sanear a fonte, volveu ser trasladado e agora preside o lavadoiro e a presa de auga de rego das hortas do enxido.
A base do cruceiro é o mesmo muro da presa e lavadoiro, sendo esta cúbica con dúas molduras e bocel superior. O varal octogonal ten dúas figuras, unha delas representa a San Antonio de Padua, (ten amputada a cabeza suponse por mor dos traslados) e San Martiño. Coróase cun capitel cadrado con molduras onde se apoia a cruz. No fronte amósase a figura de Cristo con tres cravos, mans pechadas, nó do pano de pureza no centro e o pé dereito por riba do esquerdo, todo baixo cartel de INRI. Detrás, imaxe da Virxe das Dores sobre nube e cuberta cun manto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030388
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catálogo do Patrimonio Cultural de Caldas de Reis (PXOM) número ficha: E_060.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5806136424Lonxitude: -8.63105356693
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84