Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (San Estevo)
Lugar: Capela Santa Eufemia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Atopámola na capela de estilo prerrománico do século IX, con planta dunha soa nave con ábsida rectangular, na que se conservan tres ventás dobres con arcos de ferradura de influencia mozárabe.
Estas ventás corresponden coas tres capelas interiores en que estaba dividida a primitiva nave, das que se conserva o arranque dos arcos que as formaban.

Esta ara romana sirve de peaña a unha imaxe da Santa no altar, coa lenda AVRELIVS / FLAV(U)S / TAM(ACANUS) / NYMPHIS / EX VOTO. A terceira liña e difícil de descifrar.

Outra ara anepígrafe localízase no parteluz da fiestra central da ábsida da capela.
A ara suponse que se atopou xunto a fonte das Ninfas próxima a capela. Logo foi trasladada para a igrexa, atopándose medio agochada facendo de soporte do altar maior e volta do revés.
Hoxe está mellor colocada en lugar privilexiado e na súa posición correcta.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.223866
Lonxitude: -7.705627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84