Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Sanguñedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Vivenda de tipoloxía tradicional que se parapeta detrás dunha portada carral de acceso monumental constituída por un lintel granítico situado a 3 m. de altura aproximadamente. Enriba dela ten tres pedras colocadas de tal maneira que soportan o peso para que non recaia sobre a lumieira, sendo a doela de pequeno tamaño comparada coas pedras laterais.
Tanto na doela como na pedra lateral dereita aparece gravada a lenda “1802” data que se supón da construción, formada por números feitos nunha altura de 12 cm. aproximadamente, con sucos non moi profundos.
A vivenda tradicional que sucede a esta entrada monumental, pertence a tipoloxía que Pedro de Llano definiu como vivendas tipo bloque, que teñen entre ela e a portada un patio que dá acceso a varias dependencias.
A porta ten un ancho próximo ós 3m. a cantería dela máis o muro perimétrico e rechamante pola calidade da labra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.251211Lonxitude: -7.706935
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84