Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Santiago (comarca) / Vedra
Parroquia: Vilanova (San Pedro)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela feita no ano 1676, segundo inscrición da entrada, de planta rectangular e feita a base de muros de cachotería, agás en esquinais, que leva perpiaño. Tellado a dúas augas con cuberta de tella do país. Fachada con porta alintelada e un van central de extremos con pezas de sillería con derrame. Remata por enriba con adornos de pináculos e espadana de oco con arco para a campá, molduras saíntes e cruz de forxa na cimeira. Diante da capela hai un espazo rodeado dun muro a modo de pequeno adro. Riba da porta unha inscrición coa data do traslado da fonte, 1724, dende o sitio no que estaba orixinalmente ao seu sitio actual detrás da capela, e que conta con dúas figuras do desaparecido coreo pétreo da catedral de Santiago e nunha inscrición gravada na pedra coa lenda do traslado do apóstolo erelacionada cos bois bravos da raíña Lupa, que amansaron e levaron o carro co corpo do santo ata Compostela. Levantaríase o templo no lugar deste feito milagroso.
Moi preto deste lugar está o albergue de peregrinos de Vedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca019.PDF
pax. 6 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7908028531
Lonxitude: -8.43239307404
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84