Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Allariz-Maceda (comarca) / Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Nogueira de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Serie de canastros de tipoloxías variadas, dominando a mixta (pedra e madeira), atendendo a súa capacidade, existe algún de 1 só claro, sendo a maioría de 2, tendo polo menos un par deles de 3 claros.
Foron construídos entre os séculos XIX e XX, dos que teñen data gravada, o máis antigo e de 1861.
A maioría ten pés independentes, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, algún deles cónicos e a maioría ten a base ensanchada. Outros teñen os pés feitos dunha soa peza, tendo todos o tornarratos enteirizos con forma rectangular e con cabezas redondeadas.
Atopámolos espallados polo núcleo de Nogueira de Arriba, concentrados en zonas ou grupos, en cantidade próxima á ducia e media.
O canastro máis abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martínez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta (pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos máis dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.
O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual.
A cámara é o elemento principal deste tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais, que dividen o lateral dos canastros.
Os costais, onde nas máis das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse cunha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 cm. de abertura para permitir o paso ao vento que ha de secar o gran.
Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben con un simple muro de perpiaño, no que tamén é posible ubicar un van no que instalar a porta de entrada.
En ocasións, a construción remátase cunha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado cunha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico laudatorio.
Os canastros ourensáns sitúanse nos lugares máis elevados dos eirados, ademais de sobre os valados que pechan estes, e mesmo sobre camiños, practicando sobre estes unha especie de ponte a xeito de portalón ou entrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/BETAN.pdf (Pax 66-67)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.250147
Lonxitude: -7.73155
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84