Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Allariz-Maceda (comarca) / Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Nogueira de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Aira lousada que ocupa uns 150 m2 aproximadamente, e se atopa nas aforas da aldea de Nogueira de Arriba, gorecida por varias construcións polo lado norte.
Feita con lousas de granito colocadas sobre o terreo e limitada por pequeno muro perimetral de pouca altura, tamén en perpiaño de granito.
Pola falla de uso, encóntrase chea de broza, polo que non se distinguen as lousas que a forman.

Este tipo de aira e a máis duradeira e valiosa, con estas lousas de granito, coidando que non quede moito espazo entre as pedras, para que non se escape o gran.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais, era onde se facían as medas cos mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí se separaba o gran da palla, antigamente facíase manualmente con mallos e na época máis moderna xa se facía coas malladoras.
A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns aos outros.
Para que non se estragara o gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas pedras perfectamente lisas e sen case oco nas xuntas.
Ó estar estratexicamente situada nunha zona elevada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivese lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Baños de Molgas, a práctica totalidade das airas son en terreo comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.250648
Lonxitude: -7.731812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84