Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Allariz-Maceda (comarca) / Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Nogueira de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte tradicional de capeliña, feita en cantería tosca de granito e gorecida por unha cuberta a unha única auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño de boa calidade, aberto na súa fronte. Este cubo ten en planta unhas medidas aproximadas de 1,5 m por outro tanto de fondo.
O oco frontal, está protexido por un perpiaño a modo de murete, para evitar a caída ó interior, e nos laterais esta franqueado por dúas grandes pedras.
Unhas grandes pedra fan de cuberta, non sendo de moito espesor, comparadas co resto das pedras que a forman.
O cubo interior onde se almacena a auga ten unha profundidade de 1 m aproximadamente.
Ao seu carón sitúase unha pía feita en granito, que se utiliza para que beba o gando.
Completan o conxunto dous tanques, un antigo, que foi remodelado e outro máis actual que eran lavadoiros, pasando a auga de un cara o outro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.249892
Lonxitude: -7.731458
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84