
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño, Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: O Picón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O conxunto etnográfico sitúase ó norte do Val do Rosal, no Campo do Couto, á beira dun pequeno afluente do río Tamuxe, subafluente do Miño. Nun contorno dunha gran beleza paisaxística atópanse un total de 57 muíños entre os do Folón e os do Picón. Foron construídos nos séculos XVIII e XIX, aínda que hai xa referencias no século XVII. Quizais xa poderiamos falar deles na Idade Media, pois a súa construción entróncase no papel colonizador destas terras polos monxes do Mosteiro de Santa María de Oia. Nun primeiro momento, os muíños pertenceron ó clero, pero logo pasaron a mans de particulares e foron herdados entre familias.
Os muíños do Folón e do Picón están dispostos en fervenza sobre as ladeiras do monte, aproveitando así a caída da auga para o movemento dos rodicios, e a moenda do trigo e do millo. Tamén nalgún deles traballábase o liño e a la. Case todos son de planta rectangular e con cubrición a unha soa auga. Os seus muros son de cachotería de granito do país.
Os canteiros deixaron a súa pegada nos muros dos muíños: nomes, iniciais, datas e cruces destinadas a protexer o lugar. Segundo lemos nunha desas inscricións, o máis antigo muíño está datado en 1702.
A zona do Folón acolle 36 muíños e aproveitan as augas do río do Folón. Malia este nome, este conxunto etnográfico non conserva ningún folón en ningún dos seus edificios. Quizais isto débese a un incendio que houbo na zona que fixo desaparecer o folón ou folóns que puidera haber. Os do Picón son 21 muíños. Nos camiños é fácil distinguir as “rodeiras”, as marcas feitas polas rodas dos carros.
No 1991 comezou o primeiro proxecto de rehabilitación dos muíños por parte dada Casa de Oficios. No 1996 a Escola Obradoiro continuou a restauración. No 1998 foron declarados Ben de Interese Cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xª Mª e MOUZO LAVANDEIRA, R.: “O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín na Terra de Soneira. Outros batáns, folóns ou pisóns de España e Portugal”. Tórculo Artes Gráficas, Santiago de Compostela 2007.
Declaración de BIC: http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980203/Anuncio9A02_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.96210687930571Lonxitude: -8.840475082397461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
eamigo says:
Ago 20, 2017
Para máis información, pódese consultar a seguinte ligazón:
http://historiadegalicia.gal/2017/08/incrible-conxunto-etnografico-folon-picon-77-muinos-nun-km2/