
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Santo André de Comesaña (Santo André)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro presenta o fuste cravado nunha grada achafranada na que se sitúa unha inscrición, case ilexible, na que se diferencia o ano de 1723. Dito varal é octogonal, sobre o que se sitúa o capitel composto, decorado con follas de acanto e volutas estilizadas. A cruz, lisa e de sección rectangular, presenta no seu anverso a Cristo e no outro lado unha imaxe da Virxe das Dores en actitude de oración.
Hai algún tempo quixérono levar ao Parque de Castrelos, mais a veciñanza non o permitiu. Porén, foi trasladado de beira da estrada debido ao ensanchamento da mesma, quedando sen dous chanzos no traslado. Ao pé da grada atópanse numerosos signos de devoción.
O cruceiro sitúase na estrada PO-552 Vigo-Baiona, na encrucillada que da acceso a Santo André de Comesaña, malia que antigamente atopábase ao outro lado da estrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ PUENTES,Eugenio; ABAD GALELGO,Juan Carlos. “Cruceiros,cruces e petos de ánimas no concello de Vigo”.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: SiNon
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.195696010437715Lonxitude: -8.76683235168457
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 16, 2014
Maís información deste cruceiro na seguinte ligazón:
http://xosecounhago.com/?p=4