Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergantiños (comarca) / Laxe
Parroquia: Nande (San Simón)
Lugar: Matío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX, Século XX,
Descrición:

Igrexa de planta de salón, cunha capela maior e unha nave rectangulares. Pegada ó muro setentrional está a sancristía, de planta case cuadrangular, e cuberta cunha sinxela bóveda de crucería nervada, de carácter rural. A nave e o presbiterio cóbrense con bóvedas de canón, reforzadas con arcos faixóns. A cuberta é a dúas augas presentando unha estrutura de madeira con tella curva do país. O pavimento é de pedra e nos muros combinan recebados e encintados.
En canto ó exterior, vemos unha porta de acceso á sancristía e outra tapiada no muro da nave. Enriba desta porta, á dereita, ten un oco de luz rectangular tamén tapiado. A fachada, de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixe vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta con doelas en arco apuntado. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono a base para unha espadana de dous corpos. Á súa esquerda hai unhas escaleiras, cunha varanda de forxa, que dan acceso as campás. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las campás. O segundo corpo está composto por un frontón triangular curvo cun oco no medio rematado por un pináculo moldurado e flanqueado por outros dous pináculos do mesmo xeito.
Dicir que a base estrutural do edificio é de finais do século XV, á que sucesivamente se lle engadiron unha serie de elementos, entre os que cabería destaca-las capelas laterais do primeiro tramo do século XVI, a sancristía, de finais do século XVII e principios do XVIII, a espadana, do século XIX, e a Capela de San Antonio, que aínda que posúe unha planta de finais do século XVI a súa construción levouse a cabo no ano 1970. A mediados do seculo XX ten a reforma máis importante, debido que a igrexa estaba case en ruínas, consistente na cubrición da nave e a capela maior cunha bóveda de formigón, ó tempo que se eleva notoriamente a altura do edificio.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007571
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA100.PDF (Pax. 5).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA105.PDF (Pax. 2-3).
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1761946457
Lonxitude: -9.01904582977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84