
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballiño (comarca) / Maside
Parroquia: Garabás (San Pedro)
Lugar: Faquín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Cruceiro de inais do século XIX que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base, cúbica e coas arestas rebaixadas, posúe unha inscrición pouco lexible que nos fala do seu autor (posiblemente Indalecio Prieto, mestre canteiro do Carballiño).
O varal, de sección cilíndrica, posúe a imaxe de San Pantaleón na parte media. O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cilíndrica coas imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cunha daga no peito e sobre unha peaña no reverso.
O conxunto posúe tamén un altar a xeito de pousadoiro.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320450302.html
PARROQUIA DE GARABÁS (MASIDE) TEMPLO DE SAN PEDRO (S. XIII y XIX)
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpimaside/galeria/displayimage.php?album=6&pos=20
BIBLIOGRAFÍA
GARCÍA GARCÍA, J. I. (2002) AS CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE MASIDE. ARGENTARIUM, 4. Actas do 3º e 4º Congreso do Centro de estudios “Chamoso Lamas”. ED: CENTRO DE ESTUDIOS CHAMOSO LAMAS. (en liña: http://centroestudioschamosolamas.com/system/files/actas_3-4.pdf)
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4331990996Lonxitude: -8.01425680518
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84