Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Alcabre (Santa Baia)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro levántase sobre tres gradas hexagonais cun baseamento cilíndrico. A columna é circular e lisa. O capitel é composto, cunha mestura de corintio e xónico, pois está decorado con follas de acanto e volutas. A cruz, lisa, presenta ao Crucificado por un lado e no outro á Piedade con panos moi voluminosos e sostendo a Cristo morto nos brazos.

Antigamente até este cruceiro chegaban as procesións do Nazareno e os enterros. Ademais, a obra foi lixeiramente movida para permitir o acceso aos coches.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ PUENTES,Eugenio; ABAD GALLEGO,Juan Carlos: “Cruceiros,cruces e petos de ánimas no concello de Vigo”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase facendo de rotonda nun cruce de camiños sen ningunha protección. Ao capitel fáltalle un anaco dun dos laterais.


Onde está localizado

Latitude: 42.216398890514476
Lonxitude: -8.760695457458496
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84