Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Silvarredonda (San Pedro)
Lugar: Silvarredonda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de dimensións reducidas e gran sinxeleza, posúe unha planta de salón cunha nave rectangular e unha ábsida cuadrangular, á que se accede a través dun arco triunfal. Apegada á ábsida, no muro norte, sitúase a sancristía. A nave principal sobresae en altura ó presbiterio, sendo esta lixeiramente inferior. O tellado é a dúas augas cunha cruz na ábsida. No muro norte da nave sitúase unha porta rectangular alintelada.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada e rompendo o vértice do pentágono, a base dunha espadana dun corpo. Esta apóiase sobre tres machóns sobre basas rectangulares, rematados en placas e unidos por dous arcos apuntados con columnas sobre basas rectangulares e rematados cun lintel. Sobre eles unha forma triangular a modo de tellado entre columnas con pináculos con forma de copa nos laterais e coroado por unha cruz encravada nunha copa sobre unha base cadrada. O acceso ó campanario efectúase a través dunha escaleira interior que culmina o seu treito de escaleiras no penal da cuberta norte.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA006.PDF (Páx.3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.20239954
Lonxitude: -8.87188106775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84