Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Silvarredonda (San Pedro)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma circular de dous chanzos e pedestal circular moldurado con dous riscos acanalados. O varal é circular disminuíndo ata o capitel e comezando en cadrado onde ten unha placa de metal que di: “Donado por José García Antelo y ESPOSA”. Ten molduras a base de riscos acanalados e cuarto bocel. O capitel é circular co ábaco cuadrangular de lados rectos, nas esquinas ten querubíns e nos lados flores de lis. A súa cruz é circular con nós, comezando en cadrado, con remates florenzados e con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e o pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita mirando lixeiramente cara á dereita, cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada sobre un pedestal circular, cos dedos das mans entrelazados en actitude de orar. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2024738364
Lonxitude: -8.8721626997
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84