Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Melón / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Quins (Santa María)
Lugar: Quins - O Souto
Outra denominación do ben: Cruceiro da Serra
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada, os dous superiores moldurados. A súa base cúbica, moldurada e coas arestas rebaixadas, contén unha inscrición na que figura o ano da súa feitura: “1694”.
O seu varal é de sección cilíndrica con acanaladuras. A continuación aparece o capitel decorado con volutas.
o conxunto remata cunha cruz de sección cadrada na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso,e a Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de querubín no reverso.

O cruceiro posúe un pousadoiro feito en pedra e, posiblemente, de feitura máis recente.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000039844
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MELON/documents/26610ca005.PDF (Ficha Nº 26 – Páxina 4)

ENLACES CONTIDO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2850460984
Lonxitude: -8.1901627779
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84