
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Cerneda (San Salvador)
Lugar: A Igrexa, Cerneda.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Trátase dun recinto fortificado a través de dúas estruturas ovaladas con foxos intercalados, situadas a 175 metros de altura sobre o nivel do mar. Posúe unhas medidas de 195 metros de longo no seu eixo NL-SO por uns 131 metros no seu eixo NO-SL, acadando unha superficie duns 3,5 Ha. Está defendido por terrapléns na parte NO e parapetos na parte SO e NL. O recinto principal ou croa, defendido por un parapeto dun metro a uns dous metros polo seu interior e acadando os tres metros polo exterior, ten unhas medidas duns 138 metros de longo no seu eixo NL-SO por uns 88 metros no eixo NO-SL, acadando unha superficie duns 1,18 Ha. Da estructura defensiva da croa ata a segunda estructura hai un aterrazamento que o cingue e que conta cunhas medidas de ancho duns 15 metros na parte NO; duns 28 metros na parte NL; duns 20 metros na parte SO ó igual que na parte SL. Os elementos externos están máis rebaixados por mor das tarefas agrícolas. Podemos ollar un posible antecastro na parte SL. Na zona nordés emprázase a igrexa parroquial co seu cemiterio apegado na zona de influencia do recinto castrexo, ademais doutras vivendas no seu entorno.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15001011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF (Pax.12-13).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.210196257Lonxitude: -8.28306913376
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xose Troiano says:
Mar 11, 2017
http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/
Oscar Franco says:
Xan 16, 2020
A prensa dixital do 12 de xaneiro de 2020 recolle a nova do concello de Abegondo de investigar, acondicionar e promocionar este castro:
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2020/01/12/abegondo-apuesta-pasado/1467284.html
Oscar Franco says:
Out 22, 2020
O Concello de Abegondo iniciou este martes 20 de outubro de 2020 os traballos arqueolóxicos neste castro. Así o recolle a prensa dixital:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/abegondo/2020/10/21/inician-trabajos-castro-abegondes-cerneda/0003_202010H21C6998.htm