
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Cerneda (San Salvador)
Lugar: Cerneda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco de planta rectangular cunha soa nave, e un pequeno corpo apegado o muro norte que funciona como sancristía. Os seus muros son de carga, feitos en cachotería de pedra, con falsos perpiaños que definen as esquinas e enmarcan os ocos. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No interior, os espacios da nave e o presbiterio aparecen delimitados por arco triunfal semicircular. O presbiterio ten forma cuadrangular, e desde el accédese á sancristía. A nave cóbrese cunha bóveda de madeira. A volumetría do edificio denota ó exterior, en altura, os corpos correspondentes á nave e á ábsida, está máis baixa e estreita. No muro sur da ábsida ten unha xanela rectangular, e no da nave unha porta rectangular cunha xanela rectangular enriba.
A fachada principal, de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos moldurados con bóla, rematando o conxunto outro pináculo similar cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.L.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca004.PDF (Páx.42-43).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2112519043Lonxitude: -8.28115403652
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84