Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Vizoño
Lugar: A Malata
Outra denominación do ben: Castro da Eira do Coto
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun asentamento fortificado situado a uns 440 metros sobre o nivel do mar. O xacemento ven sendo de planta circular cuns 95 metros de diámetro aproximadamente. Está defendido por un alto parapeto e plataforma exterior adousada ó sueste, que se defende cunha dobre liña de muros, con foxo intermedio. Na parte norte e oeste aproveitan a caída natural do terreo. O parapeto está cortado polo acceso ó recinto central na parte SL.
Este asentamento castrexo atópase á beira do Camiño de Santiago e a tan só un quilómetro do Castro das Travesas en liña recta cara o occidente e a 1875 metros do Castro de Vizoño cara o oriente, formando casi unha liña recta entre os tres xacementos. A outros 1875 metros en liña recta, cara o Nordés, atopamos outro castro coñecido, Castromaior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15001013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca003.PDF (Páx.59-60).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1618515042
Lonxitude: -8.34629416466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84