Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Portomarín
Parroquia: Cortapezas (Santa María)
Lugar: Cortapezas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena capela, restaurada, que garda, ao abeiro dun sinxelo pórtico, a porta románica da primitiva igrexa de finais do século XII. Esta igrexa formou parte da doazón do bispo Odoario á igrexa de Lugo realizada no ano 747, así como noutra do ano 897 de Afonso III á mesma catedral de Lugo.
Poucos días despois do golpe de estado do fascista xeneral Franco, os falanxistas asasinaron aquí, xunto cun combatente republicano, ao alcalde de Castro de Rei Severino Rivas Barja. Foi soterrado nunha fosa común no que antes era o adro da ermida, hoxe cemiterio. Durante máis de 50 anos o seu fillo, Darío, que vivía en Arxentina, tentou atopar, infrutuosamente, os restos do seu pai. No ano 1994, durante unha viaxe de Darío a Portomarín, un veciño proporcionoulle uns datos que lle permitiron atopar o lugar do enterramento. Logo de longas xestións, coa intervención da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, os restos de Severino Rivas foron exhumados no ano 2005 e levados para o panteón familiar en Loentia. Na súa lápida lese: “SEVERINO RIVAS BARJA que fue alcalde de Castro de Rei, nacido el 13 de septiembre de 1875. Lo asesinaron en Portomarín los falangistas el día 29 de octubre de 1936. Volvió a casa para descansar en paz el día 19 de agosto de 2005”. No mes de abril de 2010, o fillo de Severino, xunto con outras organizacións como a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, Abuelas de la Plaza de Mayo ou a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina presentaron unha querela na Arxentina por xenocidio e crimes de lesa humanidade da ditadura de Francisco Franco.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8176182745Lonxitude: -7.63661384583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84