Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Carballiño (comarca) / Maside
Parroquia: Maside (San Tomé)
Lugar: Maside - Rúa San Antonio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de ánimas que nace sobre dous chanzos de sección cadrada, o superior moldurado. A base cúbica de coradas nas súas catro caras con símbolos da Paixón, posúe dous caixóns para as esmolas.
O varal nace en sección cadrada e continúa en octogonal, e aparece profusamente decorado con varias imaxes. De abaixo a arriba podemos ver:
* San Antón acompañado de dúas almiñas entre as lapas.
* Adán e Eva acompañado dunha serpe representando ao Demo.
* A imaxe de San Miguel
* Unha imaxe dun santo, posiblemente San Francisco.

O capitel posúe unha pequena imaxe dunha Virxe un dos seus lados; nos restantes vemos cabezas de anxos.
A cruz, de sección cilíndrica, posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue cáliz sagrado no anverso; no reverso a Virxe leva a un demo mouro cinguido cunha cadea, e aparece acompañada de dous anxos que lle collen a súa coroa.

Algunas referencias bibliográficas din que este cruceiro é unha obra do ano 1852.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MASIDE/documents/0532CA001.PDF

http://www.concellodemaside.es/texto_o_patrimonio_civil_de_maside.html

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpimaside/galeria/displayimage.php?album=search&cat=0&pos=2

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4112221974
Lonxitude: -8.02483141422
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84