Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballiño (comarca) / Maside
Parroquia: Maside (San Tomé)
Lugar: Maside - Rúa San Antonio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación de estilo neogótico feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina dunha soa nave e cuberta a dúas e tres augas. Ábsida semicircular e dúas sancristías aos lados da capela maior.

A fachada principal destaca pola torre campanario en posición central. A porta de aceso, de arco apuntado e tripla arquivolta, remata nunha cruz na que aparece unha inscrición co ano da súa inauguración: “1908”.
Po riba dela unha fiestra de estilo gótico e un ocelo trilobulado. A torre campanario ten dous corpos con remate en cruz.

No interior podemos ver a nave con bóveda de crucería.

Esta igrexa foi proxectada entre os anos 1901 e 1902 polos arquitectos Luís Bellido, arquitecto de Gijón, e por Daniel Vázquez-Gulías, nado en Beariz no ano 1869.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MASIDE/documents/0532CA001.PDF

http://centroestudioschamosolamas.com/system/files/actas_3-4.pdf

Primer centenario del neogótico templo: Santomé de Maside(O Novo) (1910/2010)

ATENTADO ECLESIÁSTICO

Investigan un novo atentado contra o patrimonio eclesiástico con pintadas provocadoras no aniversario da II República


https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/91576-garda-civil-investiga-pintadas-catro-fachadas-igrexa-maside
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/04/14/iglesia-maside-desperto-paredes-llenas-pintadas/00031555264763447302477.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O 14 de abril de 2019 a igrexa aparece con pintadas (ver referencias bibliográficas)


Onde está localizado

Latitude: 42.4109320773
Lonxitude: -8.02486896515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84