Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Salnés (comarca) / Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: A Lanzada
Outra denominación do ben: Paraxe do Con do Paxaro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Paraxe dunar protexida pola Rede Natura 2000, no que se atopa un penedo granítico, parcialmente danado hai décadas pola cantería, e danado actualmente polas obras de ampliación da estrada PO308 da Xunta. O conxunto lítico presenta unha disposición curiosa que lembra obras megalíticas, cunha aparente entrada formada por catro rochas enfrontadas dúas a dúas, podendo levar a engano, pois non é tal. O penedo principal, coñecido como “Con de Arbón” está rematado na parte alta cunha escultura dun corvo mariño, obra do escultor local Alfonso Vilar. Este penedo tiña outro xemelgo que foi extraído hai décadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Sito nunha paraxe pintoresca, outrora habitado por lucecús e píntegas, o Corvo Mariño de A Lanzada, emblema do colexio da zona e de varios negocios do lugar, é un símbolo detrás dunha rica cultura chea de maxia, lendas e amor polo ser humano por esta terra, na zona de A Lanzada, un santuario costeiro rico en mitoloxía e tradicións.
Exemplo da tradición mística da zona é a sonada lenda das nove ondas, asociada tamén á lenda irlandesa da vitoria do mago Amergín, fillo de Breogán, que invocou 9 ondas para vences ós poboadores daquelas terras.
Conta unha destas lendas de A Lanzada que un barco, a punto de naufragar no medio dun temporal, quedara á deriva e non avistaban terra, cando un gran paxaro negro apareceu no medio da tormenta que os guiou deica a costa, para se ir pousar ó final nun gran penedo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“A Nosa Señora da Lanzada: antropología de un santuario costero” Rafael Quintía Pereira
“Cuentos y Leyendas de la Lanzada” Alba Nélida Paz Framil
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Si: obras de ampliación da estrada PO308, construción de aparcamentos na Rede Natura 2000 con Fondos Feder. Proxectos especulativos da Comunidade de Montes de Noalla.
Onde está localizado
Latitude: 42.4361461378Lonxitude: -8.87030124664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Alice999 says:
Mar 21, 2017
A lenda asociada á figura, recollida en varias obras literarias, lembra casos semellantes da mitoloxía nórdica: “no norte de Noruega os corvos mariños eran considerados semi-sagrados. Críase que daba boa sorte que houbera corvos mariños preto das vilas. Unha antiga lenda di que a xente que morría no mar e nunca se recuperaban os cadáveres, pasaban a eternidade na illa de Utrøst (que só en ocasións pode ser atopada polos mortais). Os habitantes de Utrøst só podían visitar os fogares en forma de corvo mariño.
Quen sabe os misterios que agocha este lugar, abandonado durante anos, do que sae entre o conxunto un penedo colosal sobre a que os antigos soñadores quixeron facer agromar lendas. E que pensarían, ou que uso darían os ancestrais moradores desta terras a este lugar de soños, que como construído por xigantes, asexa no horizonte os barcos que volven do mar.
Podemos atopar un antigo asentamento no monte Siradella, que domina a zona, e outros máis recentes no asentamento da Lanzada.
Pancho - Lapatianco says:
Mar 22, 2017
https://www.youtube.com/watch?v=oCGPso6Y2CA