Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballiño (comarca) / Maside
Parroquia: Garabás (San Pedro)
Lugar: Garabás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:
Edificación do século XII feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado e coas unións encintadas. Planta rectangular dunha soa nave e ábsida cadrada (reformada no século XVIII). Posúe unha sancristía engadida a carón dun dos muros laterais.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso flanqueada por dous pares de columnas. A porta posúe tres arquivoltas lixeiramente apuntadas. O tímpano contén un gravado da Cruz de Santiago.
Por riba da porta destaca un tornachuvias en escocia trenzada e sobre catro canzorros.
A espadana, con dous ocos con arcos de medio punto, é de factura recente.
Os muros laterais destacan pola decoración dos seus canzorros, especialmente os do muro sueste.
Sobre o vértice da nave podemos ver un Agnus Dei sen cruz ante fixa.
No interior da igrexa destacan varios elementos:
* O arco triunfal de medio punto apoiado sobre columnas. Nelas destacan os seus capiteis. O da esquerda que representa a loita dun home armado con coitelo cun animal salvaxe; o da dereita é máis floral, cun conxunto de arcadas entrelazadas.
* A capela maior, reformada en época posterior, ten bóvedas finxidas e unha cornixa con imposta decorada con cuadrifolios.
* O retablo maior, de época barroca na que podemos ver as imaxes de San Pedro e San Paulo.
A igrexa tivo outro Agnus Dei, que hoxe podemos ver na Reitoral, situada ao seu carón.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000025521
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MASIDE/documents/0532CA001.PDF
http://www.concellodemaside.es/imaxes/file/rom%C3%A1nico/_ficha%2006%5B1%5D.pdf
PARROQUIA DE GARABÁS (MASIDE) TEMPLO DE SAN PEDRO (S. XIII y XIX)
http://turismourense.com/ver/ver_concello/3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4266194098Lonxitude: -8.01657825708
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 15, 2017
Detalle da porta de acceso