Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballiño (comarca) / Maside
Parroquia: Louredo (Santa María)
Lugar: Louredo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Iglesia románica do século XIII feita a base de perpiaño granítico labrada e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás na Sancristía (obra do século XVIII) que é a tres augas. Posúe ábsida semicircular con tres vans enmarcados por arcos de medio punto decorados. O conxunto posúe cornixa de bolas sobre canzorros figurativos, cruz antefixa no vértice da nave, e pináculos de bóla.
A fachada principal destaca polos dous contrafortes. A porta principal de acceso destaca polas dúas arquivoltas tóricas lixeiramente apuntadas con moldura axedrezada. O tímpano é liso.
Máis arriba un pequeno van rectangular con derrame interno.
O conxunto remata nunha espadana de factura máis recente, de dous corpos con arcos de medio punto e pináculos de bóla nos extremos.
No muro sur existe outra porta de acceso moi semellante á principal.
No interior da igrexa podemos ver restos de decoración mural de época medieval. Tamén destacan as imaxes de Santiago, San Mauro, San Rosendo, San Bieito e a Virxe co Neno.
No adro da igrexa existe unha pía bautismal policromada, decorada con figuras en relevo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000025524
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MASIDE/documents/0532ME022.pdf

http://www.concellodemaside.es/imaxes/file/rom%C3%A1nico/_ficha%2012%5B1%5D.pdf

http://turismourense.com/ver/ver_concello/3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4387992601
Lonxitude: -7.98460096121
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84