Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mesía
Parroquia: Visantoña (San Martiño)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Castro de Ricos / Castro de Vilanova
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Recinto fortificado de forma circular irregular tendendo a ovalado, situado a uns 390 metros sobre o nivel do mar. Posúe unhas medidas duns 138 metros de lonxitude no seu eixo leste-oeste por uns 108 metros no seu eixo norte-sur, acadando unha superfie duns 1,17 ha. Está cinguido por un parapeto que pode acadar na súa parte máis alta unha altura de tres metros. No sector setentrional, ten dúas entradas, unha estreita que é recente, e outra que podería ser orixinaria. Na parte meridional foi destruída boa parte do parapeto a causa da concentración parcelaria, podendo apreciarse que está constituído de terra. Segundo o pxom, hai referencias de achados de muíños circulares.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15047016
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MESIA/documents/27722ca002.PDF (Páx.16)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1354099853Lonxitude: -8.31218719482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84