Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro atópase no lateral da igrexa parroquial, no lado que da a estrada Vigo-Baiona. Consta de tres chanzos cuadrangulares con baseamento cúbico coas arestas superiores biseladas, No adverso do mesmo pódese ler:
“ESTA OBRA LA HIZO LUCAS DE SESTELO … MILITAR DEL SANTO OFICIO Y SU MUGER YNES PEREZ POR SU DEVOCION AÑO DE 1641”;
e no reverso:
“FUE TRASLADADO PULIDO Y PINTADO EN JUNIO DE 1853”.

O fuste comeza cadrado e remata oitavado nun anel. O capitel é de vaso liso con volutas xónicas nos ángulos e a representación dos símbolos da paixón nas catro caras. A cruz é nodosa e circular, representando nun lado ao Crucificado e no reverso á Piedade sostida por un querubín.

Aquí paraban as procesións que chegaban até o cruceiro de Taberna e tamén os enterros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dicíase entre os veciños que aí moitos anos un santo según uns e un crego según outros enterrou un tesouro baixo o cruceiro e houbo un veciño que tentou desenterralo pero topou ca oposición dos  demais  veciños.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ PUENTES,Eugenio; ABAD GALLEGO,Juan Carlos: Cruceiros,cruces e petos de ánimas no concello de Vigo.

Ficha do PXOM:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf (p. 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.188689935764835
Lonxitude: -8.776600956916809
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84