Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mesía
Parroquia: Visantoña (San Martiño)
Lugar: Visantoña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
Igrexa de planta dunha soa nave rectangular separado do presbiterio por un arco triunfal de medio punto. Este aparece destacado en altura no exterior, cun corpo sobreelevado con respecto ó resto da construción, cuberto con tellado a catro augas. A continuación sitúase a sancristía, da mesma altura ca nave e cuberta a dobre vertente, con escaleira con dependencia a distinta altura, pola que accedemos a través de dúas portas a candanseu lado do altar. Na entrada da nave principal, hai unhas escaleiras para acceder ó coro, cun forxado de formigón, cun curioso antepeito no que se combinan os balaustres de madeira con pezas caladas de cerámica. Conserva a estructura orixinal dos muros de carga de pedra e arcos de medio punto, así como o teito de madeira. Cuberta a dúas augas agás na parte central que esta a catro. As fachadas están revocadas e pintadas de branco agás nos esquinais e nos enmarcados dos ocos.
A fachada principal, de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular co lintel lixeiramente curvo, a modo escarzano. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular, semellante a porta, e rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón oco triangular curvo flanqueado por dous pináculos piramidais con bóla, rematando o conxunto outro pináculo similar cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo”. Vol.XV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MESIA/documents/27722ca004.PDF (Pax.17)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1342943057Lonxitude: -8.3027780056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84