Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadavia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Sanín (San Pedro)
Lugar: Sanín - A Laxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1891 que nace sobre tres chanzos de sección cadrada.
A súa base, cúbica e coas arestas rebaixadas, soporta un varal de sección cilíndrica. A continuación o capitel de sección cuadrangular e decorado con molduras nos laterais.
O conxunto remata nunha cruz coas arestas rebaixadas e remates de catro follas en diagonal nos extremos dos brazos.

Nun dos seus chanzos podemos ver un coio de río que, segundo parece, se utiliza para o afiado dos coitelos.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
Pino Pérez, R. e García Janeiro, M.J. 2013. “Cruceiros do concello de Ribadavia. Patrimonio de Galicia”. Ribadavia, 142 pp. D.L.: PO 584‐2013

ENLACES CONTIDO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3144735774
Lonxitude: -8.07729944587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84