Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Beira (Santa Mariña)
Lugar: As Travesas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación do século XVIII, de planta rectangular cunha sancristía apegada ó muro setentrional. Fábrica de cachotería enfoscada e pintada de branco agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de sillería á vista. Ten unha xanela rectangular en cada muro lateral e outra na sancristía. Cuberta a dúas augas con tella curva.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta rectangular de acceso alintelada. No lintel unha inscrición con tosca grafía. “Hesta capilla de San roque se yzo de limosna el año de 1773. 1866”. Sobre o ingreso un minúsculo oco cadrado de luz. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana dun corpo feita de formigón onde vai a campá. O conxunto está rematado por unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.carral.es/wp-content/uploads/2016/04/Cl-AR1.pdf (Páx.2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1691841029
Lonxitude: -8.34999002518
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84