Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Parada de Sil / Terra de Caldelas (comarca)
Parroquia: Caxide (Santa Cristina)
Lugar: Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está situado a 628 m. de altitude nun pequeno outeiro ao norte do lugar de Castro, abeirado polo oeste ás rexas pendentes do canón do río Sil, e ao leste ás caídas cara o val da canle do rego Regueiral. Está cinguido por unha muralla de pedra de cachotería que conserva lenzos na parte leste que amosan un ancho de aproximadamente 2 metros e de diferente altura segundo se vai adaptando ao terreo. Cara ao interior da croa elévase nalgunha parte uns 1,8 m., aínda que se nota que foi esborrallada e sufriu extracción da súa pedra. A croa ten forma triangular duns 60 m. de lado e con elevación rochosa na parte oeste que dá cara á zona da canle do Sil. Nas labores de limpeza e sondaxe levadas a cabo no ano 2010, os tipos de defensas e a ausencia de edificacións fixeron dubidar ao director dos traballos de que fora un asentamento da idade de ferro. A aparición de cerámica de cor escura e fabricada manualmente fixo pensar, a falta de hipóteses concluíntes, que sería coherente datar no asentamento unha praza forte construída no medievo ao redor dos séculos VIII e IX, podendo ser contemporáneo coas orixes do mosteiro de Santa Cristina, situado a uns 500 m. ao norte da ladeira do canón do río.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Na prensa
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/02/07/castro-santa-cristina-caxide-plaza/1179540.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3917177944Lonxitude: -7.59003460407
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Abr 14, 2017
Imaxe de planos de pendentes e lidar da zona da Cividade do Castro.
Caxide (Santa Cristina). Parada de Sil.
Cedidas por Instituto de Estudos do Territorio (CMAOT)
Pendentes 2009 en :
http://descargas.xunta.es/descargar?url=ac84e375-95de-4894-90bc-0ad7704cae2c1457536952375