Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobeira
Parroquia: Lobeira (San Vicente)
Lugar: Santa Baia
Outra denominación do ben: Santuario de Nosa Señora do Viso
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta capela está situado no Monte Viso, que se trata dun macizo pertencente á Serra de Leboreiro, e dende aí pódese ver unha boa parte da Baixa Limia.
A ermida atópase a unha altitude de 852 metros, e, ao parecer, na acrópole dun castro, de xeito que sería unha cristianización de cultos antigos. Conserva algún resto románico, así como un retablo do século XVIII. A imaxe é de finais do século XIX e das de vestir; simplemente ten esculpido rostro e mans.

O santuario constitúe un dos poucos expoñentes do románico tardío da comarca. A fábrica presenta planta rectangular e ábsida con capela e sancristía pegadas. No interior, arco de medio punto sobre columnas encastadas, con capiteis de motivos vexetais e imposta decorando o arco triunfal. A base da fiestra prolóngase ao exterior con repisa, transformándose en fornela. A sancristía constrúese no ano 1717, como indica unha inscrición; é de dúas plantas, con fiestra ata o interior, servindo de tribuna ao clero.

A portada do muro é románica, con arco de medio punto e grandes doelas con bólas no intradorso. Nunha das xambas mostra a inscrición “ERA MCCCXL”, correspondendo aos anos 1300 e 1309, na que debeu construírse o santuario. A fachada actual sufriu unha reedificación no ano 1741, labrándose conforme á moda barroca unha porta lintelada, resaltada con orelleiras, e fornela coa imaxe pétrea da nosa Señora, coroada por anxos.
No interior da capela atopamos dous retablos, un de Nosa Señora do Viso e outro do Santo Cristo.
En torno a este santuario celébrase o festival máis importante da zona, o Domingo de Pentecostes o “Viso Grande” e o 8 de setembro, o “Viso Pequeno”.
Nesta capela a campá máis pequena data de 1860, coa frase escrita “Mírame y deixame”.
Na parede do lado sur xunto a unha porta de entrada atopamos un perpiaño cun petróglifo zoomorfo tallado que se asemella a un lobo.

-Este texto é unha escolma do contido na páxina oficial do concello de Lobeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000025137
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lobeira.es/es/content/patrimonio


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9773586552
Lonxitude: -8.02619934082
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84