Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Aro (San Vicente)
Lugar: Ameixeiras / Vilar
Outra denominación do ben: O Castelo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro sitúase a unha altitude de 280 m. e nunha zona chan entre as aldeas de Vilar e Ameixeiras. Mostra suaves ladeiras pola banda oeste que mira o val do Rego Pequeno, afluente do Tambre. Consta dun recinto central cinguido con parapeto que na actualidade ten forma de media lúa ao fenderse o que estaba rodeando a parte leste e construírse unha pista que vai cara ao lugar de Vilar. Pódese observar por medidas de planos lidar que a croa debería acadar os 95 m. de diámetro e as defensas que aínda conservan teñen un ancho de 16 m. , contando dende o interior ata o exterior do terraplén. Imaxe lidar cedida por IET (Instituto Estudos do Territorio. Xunta de Galicia )


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo Pérez, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaia e o Val Do Dubra.
Gráficas Sementeira,Noia, 1992 I.S.B.N.:84-87848-02-8

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA003.PDF pax 19 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A croa foi afectada pola construcción da pista que vai ao lugar de Vilar dende Ameixeiras


Onde está localizado

Latitude: 42.9052995871
Lonxitude: -8.77704620361
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84